Fortell venner om denne varen:
Peep Show Jacobo Paz Limia
Bestillingsvarer
Julegaver kan byttes frem til 31. januar
Peep Show
Jacobo Paz Limia
A tentación de sentirnos obxectos, obxecto de desexo. A necesidade de someter á outra, ao outro, ou de someternos nós mesmos, aos demais e ás nosas propias ansias. A atracción fatal por escapulirnos do imperio da razón, para caer nas marxes. Ceder ás tentacións máis libidinosas e penetrar no prohibido. Porque, ás veces, a utopÃa da felicidade semella realizarse cando podemos abrir as portas pechas, cando somos honestos cos nosos instintos e cedemos á práctica de praceres insólitos. Que é o que nos excita? A intimidade allea, o reality show, o peep show, o voyeurismo? A acción que deseña Jacobo Paz sitúanos na diverxencia dunha percepción entre morbosa e divertida. O estilo sumamente áxil dos diálogos e a construción de situacións rocambolescas son ingredientes fundamentais da obra que nos ofrece esta nova voz da dramaturxia galega contemporánea. Unha dramaturxia que non renuncia á creación de ficción, de personaxes e de acción, recollendo con mestrÃa os procedementos tradicionais da forma dramática, pero que achega unha inmediatez e un estilo moi directo e desenfadado próximo ao do medio televisivo. Sen dúbida, Jacobo Paz, sabe xogar coa forma dramática e consegue algo que non é nada doado: entreter, divertir, abraiar. Eis o teatro como peep show e nós como cómplices dilectos. Do prólogo de Afonso Becerra de Becerreá
| Media | Bøker Pocketbok (Bok med mykt omslag og limt rygg) |
| Utgitt | 7. mars 2016 |
| ISBN13 | 9781522914341 |
| Utgivere | Createspace Independent Publishing Platf |
| Antall sider | 108 |
| Mål | 127 × 203 × 6 mm · 113 g |
| Språk | Galisisk |